Podemos saír á rúa?
Como sabemos, o estado de alarma manterase polo menos ata o 10 de maio, pero a partir do 27 de abril os nenos e nenas poderán comezar a saír "un pouco ao día" de xeito controlado para evitar contaxios.
Como debemos saír?
As principais ideas son as seguintes:
-
Os menores de 14 anos, cun adulto, sairán preto do seu domicilio no horario de 9 a 21 horas.
-
Evitar horas punta: Os paseos deben ser dun máximo dunha hora e a unha distancia non superior a un quilómetro.
-
Exercicio: Poderán pasear, saltar e correr así como levar os seus xoguetes.
-
Distanciamento social: Non poderán achegarse a outros nenos e nenas a menos de 1,5 ou 2 metros de distancia.
-
Non podrán saír os que teñan síntomas compatibles co Covid-19 ou os que se atopen en corentena.
Para saber máis sobre como explicarllo aos rapaces e rapazas, clicade nas imaxes seguintes: