top of page

Entretemento

EduClan

A canle de televisión Clan abriu un portal onde se poden atopar recursos educativos. Os contidos agrúpanse en tres canles: EduClan de 3 a 5 anos, EduClan de 6 a 8 anos e EduClan de 9 a 10 anos. Atoparás vídeos sobre as principais áreas curriculares: ciencias naturais, ciencias sociais, linguaxe, lóxica e matemáticas, arte, idiomas, educación física, tecnoloxías ou convivencia.

Receitas de cociña

Os compañeiros e compañeiras de Arasaac comparten connosco receitas explicadas para todas as idades. 

Ideas

Agréganse un total de 127 ideas que podemos facer na casa.

Aprendemos en casa

O Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais.

Aulas galegas

Aulas galegas é un portal educativo que nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

IdeArte en Educación Infantil

Unha mestra do CEIP San Martiño, de Pontevedra, ten unha páxina chamada IdeArte, na que traballa distintos conceptos educativos dunha forma lúdica.

A súa páxina está adicada ao seu alumnado de infantil, pero todos e todas lle podemos sacar proveito.

Manual de supervivencia

Manual de supervivencia no illamento e non morrer de aburrimento, é un manual con distribuido en distintas diapositivas.

Cada diapositiva céntrase nun tema: 

Películas, museos, libros, exercicio, teatro, concertos, etc.

É moi completo.

Matemáticas interactivas

Unha páxina para traballar as matemáticas dunha forma interactiva.

Non ten desperdicio!

Cociña gráfica

Unha nova forma de debuxar cos alimentos que temos na casa.

Hai debuxos fermosos! Botade unha ollada e tentádeo!

Un conto ás 12

Todos os días as 12, o contacontos Óscar Mora, conta un conto a través das redes sociais. 

Podedes velo en directo cada día e tamén os contos anteriores que leva publicados.

Materiais e recursos educativos

O Ministerio de Educación e Formación Profesional propón unha páxina para que as familias poidan ofertarlle aos nenos/as actividades das distintas materias: matemáticas, lingua castelá, inglés, etc.

Kalandraka TV

A editorial Kalandraka comparte historias diferentes cada día, contadas por distintos contacontos.

​Podedes ver o de cada día e todos os anteriores. Son xeniais!

Contos e máis contos

Unha páxina cunha chea de contos infantís.

Merece a pena!

Radio Picariña

Radio con música en galego para os nenos e as nenas.

Árbore ABC

Portal educativo con xogos para nenos e nenas de 3 a 10 anos.

bottom of page