top of page
CONTROL EMOCIONAL

Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes: ​

- Facilitar estratexias para mellorar a autorregulación emocional.

- Ensinar técnicas de relaxación, respiración e autocontrol.

- Mellorar a tolerancia á frustración.

- Ensinar estratexias para desenvolver o pensamento positivo.

BANCO DE ACTIVIDADES:

Captura de pantalla 2020-03-22 a las 17.

Como axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Como lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos. ​

Picade en cada ligazón, para obter distintas meditacións:

1.Tranquilo y atento como una rana (10 min)

2. La ranita (4 min)

3. Atención a la respiración (10 min)

4. El ejercicio del espagueti (6 min)

5. El botón de pausa (4min)

6. Primeros auxilios para sentimientos desagradables (4 min)

7. Un lugar seguro (6 min)

8. La fábrica de las preocupaciones (6 min)

9. Levantando la moral (4 min)

10. El secreto del corazón (5 min)

11. Buenas noches (6 min)

Captura de pantalla 2020-03-26 a las 13.

O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento.

 

Sentídesvos frustrados e desacougados nestes días de confinamento?

Clicade sobre a imaxe e poderedes experimentar os beneficios de ter unha mente en calma.

Poderedes ver distintas actividades para traballar as seguintes habilidades:

  • Concentración.

  • Acougarse.

  • Darse conta.

  • Redefinir

  • Mostrar interese.

  • Conectar.

Captura de pantalla 2020-03-26 a las 14.

Máis mindfulness. Un libro de Susan Kaiser Greenland que inclúe 60 divertidas actividades!

Os Xogos mindfulness son unha forma marabillosa de fomentar nos nenos/as a capacidade de concentración á vez que se lles ensina a regular as súas emocións e a responder a calquera situación con serenidade, bondade e compaixón.

 

O libro inclúe 60 xogos fáciles e accesibles que axudan a integrar a atención plena na vida diaria.

 

Estas divertidas actividades, desenvolvidas e probadas durante moitos anos de traballo con nenos/as e familias, están deseñadas para os máis pequenos, pero poden resultar igualmente atractivas e transformadoras para os mozos e os adultos.

 

A autora anima a pais, nais e coidadores/as a que xoguen eles tamén, xa que se potencian a súa propia concentración, equilibrio e compaixón exercerán un poderoso efecto ao seu ao redor, especialmente nos nenos/as.

Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.

Captura de pantalla 2020-03-26 a las 16.

Dámoslle paso ao ioga co libro de Sydney Solís (narradora de contos e mestra de ioga).

Manual para familias e mestres para adentrar aos nenos e nenas no mundo do ioga a través dos contos.

Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.

Captura de pantalla 2020-03-23 a las 19.

Neste Conto con Ioga, viaxarase a Brasil, para participar nas olimpíadas dos animais.

Ao longo da historia, practicaranse posturas de Ioga e traballarase co corpo, tendo un intre de pantalla saudable. Tamén se practicarán as respiracións profundas, unha ferramenta fundamental para axudar aos nenos na xestión das súas emocións.

 

Clicade na imaxe para ver o video ao completo.
 

Captura de pantalla 2020-04-01 a las 15.

Un videoconto que lles ensina aos nenos/as a respirar e relaxarse.

Clicade na imaxe para ver o video.

Captura de pantalla 2020-04-14 a las 17.

Luz de estrelas ofrece unha colección de técnicas sinxelas e eficaces para axudar aos nenos a concentrarse, desenvolver a súa imaxinación e conciliar o sono.

Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.

Captura de pantalla 2020-06-01 a las 12.

IOGA PARA NENOS E NENAS


YOGIC é a mellor forma para que os nenos e as seas familias, gocen juntos aprendan e compartan a práctica do Ioga.


YOGIC é Ioga para nenos e nenas no que se usa a imaxinación, contante historias, cantase, etc. con fin de aprender  ioga xogando.

Clicade na imaxe para ver os vídeos.

bottom of page