top of page
HABILIDADES SOCIAIS

Os obxectivos que se pretenden conseguir ao traballar as habilidades sociais son os seguintes: ​

- Contribuír ao desenvolvemento cognitivo á hora de afrontar unha situación.

- Adquirir a habilidade dunha comunicación aberta e efectiva, de forma que se expresen opinións de forma directa.

- Traballar a capacidade de defender os propios dereitos, dando cabida aos intereses e dereitos doutras persoas.

BANCO DE ACTIVIDADES:

Captura de pantalla 2020-03-27 a las 13.

O Coronavirus obríganos a adaptarnos a unha situación estresante que cambia en cuestión de minutos. Esta situación pode xerar un aumento da tensión no ámbito familiar, irritabilidade, nervios e cansanzo.

Compre, entre todos e todas, gañar esta batalla tan complicada que se chama convivencia.

Se queredes coñecer unhas recomendación básicas para a convivencia, clicade na imaxe.

Captura de pantalla 2020-03-27 a las 13.

A comunicación coas persoas de idade avanzada que poden estar cono nós estes días na casa, precisa de paciencia e tempo adicional debido aos cambios físicos, psicolóxicos e sociais do proceso normal de envellecemento.

 

Clicade na imaxe se queredes coñecer unha serie de técnicas útiles a ter en conta na comunicación diaria, facilitando así a interacción co adulto maior e creando un ambiente amigable na comunicación.

Captura de pantalla 2020-04-20 a las 12.

Estar tantos días confinados/as fai que ás veces xurdan conflitos.

Se queredes establecer relacións saudables e resolver os conflitos de xeito pacífico na casa, clicade na imaxe.

bottom of page