Que é o Coronavirus?
Unha das maiores dificultades é explicarlle aos máis pequenos que é o Coronavirus. Aquí tedes diferentes materiais para axudarvos neste labor.
Os compañeiros e compañeiras de Arasaac explícanvos con pictogramas, as precaucións que debemos ter, así como a situación que estamos a vivir. Unha grande axuda, sobre todo para o alumnado con TEA.
Tamén desde COPMADRID compartiron un conto para explicar aos máis pequenos/as que é o coronavirus e que podemos facer para loitar contra el. Unha grande iniciativa que nos pode axudar a facerlles entender por que non podemos saír, ao mesmo tempo que lle dedicamos un tempo á lectura.
Fantástico vídeo sobre os virus realizado por un alumno de 5º de Educación Primaria o CEIP Manuel Padín Truiteiro.
Clicade na imaxe para velo.
Vídeo do Coronavirus explicado a través da papiroflexia.
Descoñécese a autoría, pero está xenial!
Clicade na imaxe para reproducilo.
Fantástico conto para explicarlles aos nenos e nenas por que non poden saír á rua.
Clicade na imaxe para velo ao completo!