EMPATÍA
Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar a empatía son os seguintes:
- Identificar as emocións que expresan os demais, a través da observación e escoita da comunicación verbal e non verbal.
- Tomar conciencia das diferentes perspectivas que poden adoptar as persoas.
- Respectar os puntos de vista dos demais, aínda que non sexan iguais que os propios.
BANCO DE ACTIVIDADES:
SORRISOS CONTRA O CORONAVIRUS
Hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas. As visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos. Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico:
cartas.venceremos.covid19@gmail.com
O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.
Clicade na imaxe para saber mais.
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos.
A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.
Clicade na imaxe se quereres saber como participar.