Día Mundial de Sensibilización contra o Autismo: como axudar nos momentos de coronavirus
- doorientación
- 2 abr 2020
- 1 Min. de lectura
O Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo celébrase hoxe, día 2 de abril, data que este ano está marcada pola particular situación de corentena provocada pola crise sanitaria mundial do coronavirus.
Ernesto Larre, pai de dous fillos con TEA e presidente da Fundación Autism 4, cóntanos como podemos axudar. Clicade na seguinte ligazón para ver a noticia ao completo, xa que tanto o vídeo de Ernesto como as actividades que se propoñen, non teñen desperdicio.
Actividade 1: #100díasazules
Actividade 2: #LIUP (Ilumínalo de azul)
Actividade 3: #desdemiventana
Tamén queremos deixar constancia que desde a Comisaría Provincial de Pontevedra se nos enviou un cartel informativo para concienciar sobre a necesidade que teñen de saír á rúa estas persoas.

Por último, deixamos un vídeo de "Caillou autismo" que pode ser de interese para os máis pequenos e pequenas. Clicade na imaxe para velo.
Estamos atravesando momentos difíciles e o máis importante agora é a saúde de todos. Únete a unha destas iniciativas e axúdanos a amosar o autismo no lado positivo. Moitas grazas!
Comentários